|
O Comité Central do PCG aprobou na súa sesión plenaria
do 12 de xullo a celebración do seu XIII Congreso o vindeiro 4 de
outubro en Vigo. O CC do PCG considera esencial o fortalecemento do
proxecto do comunistas galegos nun momento de expansión e consolidación
do seu proxecto estratéxico que é EU. |
Para o PCG a crise converteuse na
oportunidade do gran capital para impoñer o seu dominio de clase...Os datos manifestan o incremento da
fenda entre ricos e pobres, é dicir, amosan a intensificación da loita
de clases. As vinte persoas máis ricas teñen unha fortuna equivalente
aos ingresos do 20% da poboación más pobre (Intermón-Oxfam). Os
ricos son cada vez máis ricos, e os pobres son cada vez máis pobres.
Neste contexto dar pulo organizativo ao PCG convírtese nunha urxencia política.
A
pesares de que se repetiu reiterativamente desde os máis variados eidos
económicos, sociais e políticos a necesidade de cambiar de
modelo productivo, o certo é que a economía especulativa (13.050 millóns
de euros de inversión global en 2013, un 17,4% máis que no ano
anterior) continúa medrando fronte ao estancamento da economía
produtiva.
É dicir, insístese no modelo económico que levou á crise para
supostamente intentar sair dela, co cal se están acrecentando as
condicións para unha crise aínda maior, de consecuencias imprevisibles.
As grandes fortunas e os fondos de
inversión aproveitan para saquear o país a prezo de saldo. De novo, a
propaganda do sistema pretende vender como síntoma de recuperación
económica o desembarco de millonarios como Bill Gates, Carlos Slim ou
Amancio Ortega, e presenta as súas “inversións” millonarias como mostra
da confianza nesa falsa recuperación.
O certo é que os máis ricos do
planeta aumentan espectacularmente as súas fortunas en plena depresión.
No caso do galego dono de Inditex, a súa fortuna aumentou un 137,5% en
seis anos, no peor da crise, pasando a 48.565 millóns de euros e
incrementándose en 2013 en máis de 6.500 millones de euros (o orzamento
total da Xunta de Galicia para 2014 é de 8.391 millóns de euros, un 1,1%
menos que en 2013) mentras o desemprego supera as 280.000 persoas en
Galicia.
Os datos manifestan o incremento da
fenda entre ricos e pobres, é dicir, amosan a intensificación da loita
de clases. As vinte persoas máis ricas teñen unha fortuna equivalente
aos ingresos do 20% da poboación más pobre (Intermón-Oxfam). Os
ricos son cada vez máis ricos, e os pobres son cada vez máis pobres.
Neste contexto dar pulo organizativo ao PCG convírtese nunha urxencia política.
Fuente: Pägina del PC de Galicia/PrensaPopularSolidaria
http://prensapopular-comunistasmiranda.blogspot.com