Páginas

lunes, 9 de junio de 2014

CHAMA O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA A DAR REALMENTE TODO O PODER AO POBO E A LOITA POLA TERCEIRA REPUBLICA

http://www.pcgalicia.org/wp-content/uploads/2014/06/IMG_0788-225x300.jpg
Ademais dunha institución antidemocrática e obsoleta a monarquía é, no noso estado, o símbolo do réxime do bipartidismo monárquico, o símbolo do bipartidismo ao servizo da oligarquía,  dos  que  están  a aproveitar  o sofrimento  da  xente  para manter os seus privilexios
Ante o anuncio por parte do presidente do goberno da abdicación do xefe do estado o PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA fixo hoxe un chamamento aos seus militantes, aos traballadores e traballadoras e a toda a cidadanía a mobilizarse para exisir a convocatoria dun referendo vinculante sobre monarquía ou república e impedir así os plans do bipartidismo para consolidar o seu réxime oligárquico e antipopular.

Para o secretario xeral do PCG, Carlos Portomeñe, “é evidente que o declive do bipartidismo acelerou a folla de ruta do sistema capitalista do estado español aturdido polo medo ao pobo traballador. O resultado das eleccións europeas ten posto de manifesto a debilidade do réxime xurdido na transición e a potencialidade das forzas que vimos reclamando un proceso constituínte para o noso país que seña quen de dar resposta aos problemas da xente e dos pobos.

Ademais dunha institución antidemocrática e obsoleta a monarquía é, no noso estado, o símbolo do réxime do bipartidismo monárquico, o símbolo do bipartidismo ao servizo da oligarquía,  dos  que  están  a aproveitar  o sofrimento  da  xente  para manter os seus privilexios.

O PCG exise que sexan as cidadás e cidadáns quen decidamos a forma de Estado. É necesario un referendo vinculante.  Por iso chamou hoxe a participar e a convocar hoxe mobilizacións unitarias en todas as prazas de Galicia, a participar nas que xa foron convocadas pola Xunta Estatal Republicana e outras organizacións  e a preparar unha gran mobilización en defensa dunha República que poña en marcha o proceso constituínte que o pobo traballador ten reclamado nas rúas e nas urnas.


Fuente:Partido Comunista de Galicia/PrensaPopularSolidaria
http://prensapopular-comunistasmiranda.blogspot.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario