Páginas

martes, 16 de septiembre de 2014

GALICIA: CARTA DO SECRETARIO XERAL DO PARTIDO COMUNISTA DO GALICIA Á MILITANCIA




DOCUMENTOS DO XIII CONGRESO DO PCG











O vindeiro sábado 4 de outubro o PCG celebra na cidade de Vigo o seu XIII Congreso.

Un Congreso enmarcado, sen dúbida, nun contexto de emerxencia social e de excepcionalidade democrática. 
Vivimos tempos complicados, de clara involución democrática e destrucción dos dereitos sociais e políticos acadados con moito esforzo e sacrificio ao longo do século XX, en cuxa conquista xogou un papel protagonista o noso Partido.


As oligarquías financieiras e económicas iniciaron un proceso que deron en chamar a Segunda Transición, e que parte dun gran Pacto de Estado no que xoga un papel fundamental o bipartidismo monárquico e a abdicación do anterior monarca. Están intentando salvar a II Restauración borbónica, o réxime que iniciaron coa sucesión do anterior dictador e que hoxe se atopa nunha profunda crise estrutural que afecta a todos os seus estamentos.

No XIX Congreso do PCE decidimos lanzarlle un órdago ao poder, transmitindo claramente que os/as comunistas non imos aceptar ningún pacto de estado, que o noso compromiso é a ruptura democrática e a disputa do poder ao Sistema.

Por iso o XIX Congreso do PCE aprobou a Alternativa Social e Democrática Anticapitalista (ASDA), que contempla a creación dun bloque social e político que camiñe cara un proceso constituínte no horizonte da III República. Chegou o momento de analizar, discutir e deseñar a alternativa comunista para Galicia.

Debemos ser conscientes de estar vivindo un momento histórico que pode abrir, por primeira vez no nosopaís, un proceso realmente democrático protagonizado polas clases populares. Son tempos difíciles, pero tempos de profundos cambios e de esperanza para o avance dos nosos principios e ideas, para impulsar a unidade de acción das forzas sociais transformadoras e acadar dunha saída social á crise capitalista.

Fuente: Página del Partido Comunista de Galicia/PrensaPopularSolidaria
http://prensapopular-comunistasmiranda.blogspot.com 




No hay comentarios:

Publicar un comentario