Ademais dunha institución antidemocrática e obsoleta a monarquía é, no noso estado, o símbolo do réxime do bipartidismo monárquico, o símbolo do bipartidismo ao servizo da oligarquía, dos que están a aproveitar o sofrimento da xente para manter os seus privilexios |
Para o secretario xeral do PCG, Carlos Portomeñe, “é evidente que o declive do bipartidismo acelerou a folla de ruta do sistema capitalista do estado español aturdido polo medo ao pobo traballador. O resultado das eleccións europeas ten posto de manifesto a debilidade do réxime xurdido na transición e a potencialidade das forzas que vimos reclamando un proceso constituínte para o noso país que seña quen de dar resposta aos problemas da xente e dos pobos.
Ademais dunha institución antidemocrática e obsoleta a monarquía é, no noso estado, o símbolo do réxime do bipartidismo monárquico, o símbolo do bipartidismo ao servizo da oligarquía, dos que están a aproveitar o sofrimento da xente para manter os seus privilexios.
O PCG exise que sexan as cidadás e cidadáns quen decidamos a forma de Estado. É necesario un referendo vinculante. Por iso chamou hoxe a participar e a convocar hoxe mobilizacións unitarias en todas as prazas de Galicia, a participar nas que xa foron convocadas pola Xunta Estatal Republicana e outras organizacións e a preparar unha gran mobilización en defensa dunha República que poña en marcha o proceso constituínte que o pobo traballador ten reclamado nas rúas e nas urnas.
Fuente:Partido Comunista de Galicia/PrensaPopularSolidaria
http://prensapopular-comunistasmiranda.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario