O Comité Central do PCG aprobou na súa sesión plenaria do 12 de xullo a celebración do seu XIII Congreso o vindeiro 4 de outubro en Vigo. O CC do PCG considera esencial o fortalecemento do proxecto do comunistas galegos nun momento de expansión e consolidación do seu proxecto estratéxico que é EU. |
Neste contexto dar pulo organizativo ao PCG convírtese nunha urxencia política.
A pesares de que se repetiu reiterativamente desde os máis variados eidos económicos, sociais e políticos a necesidade de cambiar de modelo productivo, o certo é que a economía especulativa (13.050 millóns de euros de inversión global en 2013, un 17,4% máis que no ano anterior) continúa medrando fronte ao estancamento da economía produtiva.
É dicir, insístese no modelo económico que levou á crise para supostamente intentar sair dela, co cal se están acrecentando as condicións para unha crise aínda maior, de consecuencias imprevisibles.
As grandes fortunas e os fondos de
inversión aproveitan para saquear o país a prezo de saldo. De novo, a
propaganda do sistema pretende vender como síntoma de recuperación
económica o desembarco de millonarios como Bill Gates, Carlos Slim ou
Amancio Ortega, e presenta as súas “inversións” millonarias como mostra
da confianza nesa falsa recuperación.
O certo é que os máis ricos do planeta aumentan espectacularmente as súas fortunas en plena depresión. No caso do galego dono de Inditex, a súa fortuna aumentou un 137,5% en seis anos, no peor da crise, pasando a 48.565 millóns de euros e incrementándose en 2013 en máis de 6.500 millones de euros (o orzamento total da Xunta de Galicia para 2014 é de 8.391 millóns de euros, un 1,1% menos que en 2013) mentras o desemprego supera as 280.000 persoas en Galicia.

Os datos manifestan o incremento da fenda entre ricos e pobres, é dicir, amosan a intensificación da loita de clases. As vinte persoas máis ricas teñen unha fortuna equivalente aos ingresos do 20% da poboación más pobre (Intermón-Oxfam). Os ricos son cada vez máis ricos, e os pobres son cada vez máis pobres.
Neste contexto dar pulo organizativo ao PCG convírtese nunha urxencia política.
Fuente: Pägina del PC de Galicia/PrensaPopularSolidaria
http://prensapopular-comunistasmiranda.blogspot.com
Fuente: Pägina del PC de Galicia/PrensaPopularSolidaria
http://prensapopular-comunistasmiranda.blogspot.com